AMBIENTE SEGURO

Ambientes seguros para a protección de nenos, nenas, adolescentes, mozos e mozas

A casa Salesianos-Vigo, pertence á Inspectoría Salesiana “Santiago o Maior” (www.salesianos.es ), da Congregación Salesiana. Forma parte dun conxunto de obras educativas, estendidas polas Comunidades Autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, A Rioxa, Navarra, Castela e León, Madrid e Castela a Mancha.

A maior parte dos  destinatarios da nosa casa son nenos e nenas e adolescentes, todos eles menores de idade. O sistema salesiano desde o que lles educamos é o denominado Sistema Preventivo de Don Bosco. Este Sistema desenvolvémolo mediante:

  • A presenza de cada educador a cada educando, desde a proximidade, o coñecemento e o respecto;
  • A oferta dunha experiencia educativa ampla, rica en propostas, que se desenvolve nun marco de Ambiente Seguro para o menor.

A nosa política é, desde o noso propio carisma educativo salesiano, a de protección e coidado dos menores. Todos os educadores da nosa casa están comprometidos a desenvolver este sistema de Ambiente Seguro para a promoción integral dos nenos e mozos que as familias nos han confiado. Con esta finalidade, desenvolvemos experiencias de prevención e formación, e dispoñemos dunha comisión local de protección para os momentos de intervención.

Temos un Código de Conduta, como norma reguladora das posibles infraccións á nosa política de protección e de creación de contornas seguras para os menores atendidos na nosa Casa. O correo da casa ao que poder acudir para cuestións referentes a este tema é: proteccion@salesianosvigo.es