Estamos inmersos nun cambio tecnolóxico na nosa vida diaria do que non podemos quedar á marxe no centro. Entendemos as novas teconoloxías como unha ferramenta para favorece un cambio metodolóxico que coloque ao alumno no centro da súa aprendizaxe. Dende esta perspectiva, facemos unha aposta por incorporar diferentes ferramentas tecnolóxicas ao traballo diario, no marco do plan TIC de centro. O obxectivo é dobre, por unha conseguir unha mellor competencia dixital dos nosos alumnos e alumnas, e por outro facilitar o emprego de metodoloxías activas que nos permitan atender mellor a diversidade, dar máis protagonismo ao alumno no seu proceso de aprendizaxe, e facilitar o acceso a colaboración e ao aprendizaxe en equipo.
-
Aula Virtual Moodle
A Aula Virtual Moodle é un espazo de traballo colaborativo que da soporte a diferentes materias. Nel os mestres depositan contidos, organizan a recollida de tarefas, comparten recursos... O emprego deste espazo, ademais de facilitar o traballo dunha materia, mellora a competencia dixital dos nosos alumnos.
Entornos en Moodle ou en plataformas similares serán os que se atopen probablemente no seu tránsito á Universidade, de ahí o interese en que os alumnos/as se familiaricen con esta plataforma, en especial en Bacharelato. O acceso é a través de usuario e contrasinal que damos dende o centro.
-
Blogs de Materias
En diferentes materias e proxectos empregan un Blog como soporte de contidos de como forma de expoñer o traballo que fan. Aqui van os enlaces a algúns deles.
Aquí tedes os links para acceder a algúns blogs do profesorado do centro:
Infantil e primaria
Recursos para Infantil e Primaria: Blog de recursos para Infantil e Primaria, dinamizado por Helena Jardón e por Cristina Vidal. Nel poderás atopar recursos para a aula e para traballar na casa.
Secundaria
-
Google Apps for Education
Os alumnos do Centro, dende 4º de Primaria ata 2º Bacharelato reciben unha conta de Google Apps, a través da cal acceden a un entorno de colaboración administrado polo centro, no que fan uso das diferentes ferramentas da conta de Google.
Entre outras:
Gmail
Drive
Calendario
Classrom
Documentos
Hojas de cálculo
-
Plataforma Educamos
Educamos é a plataforma de xestión educativa e colexial que empregamos no centro. A través dela as familias e alumnos teñen acceso á información da marcha académica (calificacións, deberes, incidencias), información de secretaría e administración (circulares, recibos), xustificacion de faltas e incidencias, e acceso á unha conta Office 365 do cole.
Para o primeiro acceso a través dun vídeo explicanse os pasos a dar.
Calquera dúbida ou incidencia que xorda podes contactar directamente a través da Secretaría ou comunicar unha incidencia.
Vídeos sobre como configurar a APP
Cómo acceder a Educamos
Instalación e configuración da App nativa de Outlook para recibir o correo (Android)
Instalación y configuración de la App nativa de Outlook para recibir correo (IOS)
Algunhas das preguntas máis frecuentes.
Quen ten unha conta?
Tódolos alumnos/as a partir de 5º de Primaria (estamos valorando dala en cursos anteriores...), pais, nais ou titores dispoñen dunha conta persoal e intransferible na plataforma Educamos. Os alumnos acceden a través do perfil Alumno que lles da unhas funcionalidades concretas; mentres que pais e titores acceden cun perfil diferente que lles da outros privilexios como son: a consulta de notas dos fillos/as, o seguimento de recibos, mensaxería interna co profesorado, xustificación de ausencias, etc.
Os primeiros datos de acceso á plataforma ás familias danse no colexio, ou ben a través do titor/a ou ben na secretaría do Centro. O acceso á plataforma é persoal e intransferible. Por iso o damos en persoa. Sempre poñemos o exemplo das claves da tarxeta de crédito. Pedímosvos que gardedes o mesmo coidado. Para os alumnos, os datos de acceso os dan os mestres-titores no centro, xunto coa formación sobre o uso da plataforma.
Para información detallada sobre o uso podes descargar a Guía rápida para familias da plataforma Educamos. A continuación respondemos algunas das preguntas máis habituais...
Como entro a educamos/ que URL teño que poñer?
Pódes acceder a educamos a través do enlace da páxina web do cole, ou directamente no enderezo:
https://mauxiliadora-salesianos-vigo.educamos.com
Problemas co contrasinal?
Se esqueces o contrasinal, na páxina de acceso á plataforma, no formulario de inicio de sesión, tes un enlace chamado "Restablecer clave" que permite xerar un novo contrasinal de caracter provisional.
Facendo clic sobre o enlace o sistema guiarate polo proceso para rexenerar o contrasinal. Xenerará un contrasinal que recibirás no enderezo de correo electrónico que consta nos teus datos. Por iso é moi importante que no teu perfil de Educamos conste un correo electrónico.
Cada canto tempo cambio o contrasinal ?
Como medida de seguridade, a plataforma obriga a renovar o contrasinal unha vez ao ano.
Que tipo de contrasinal poño?
O que queiras, sempre e cando cumpra coas seguintes normas: mínimo 8 caracteres, e tres dos seguintes criterios: maiúsculas, minúsculas, números e símbolos. O contrasinal non pode coincidir co nome de usuario
Que fago cando se me bloquea a conta?
A conta pódese bloquear por 3 motivos:
- Rexeneraches as claves e non iniciaches sesión nun plazo de 3 días.
- Non tiñas definida unha pregunta e resposta de seguridade
- No tiñas indicado ningún email persoal na túa conta
Podes probar a rexenerar as claves de acceso (explicado antes) ou pasarte pola Secretaría do Colexio e alí o solucionamos.
Como podo editar o meu perfil?
Para editar o teu perfil, una vez iniciaches sesión, no panel de escritorio tes que facer click no botón Mis Datos.
A continuación abrirase unha páxina con dúas lapelas: "Datos personales" e "Comunicación co centro"
Na lapela "Datos personales" pódense ver e editar os datos personais, así como os datos de contacto, dirección, foto de perfil e datos de acceso á plataforma (usuario, contrasinal e pregunta de seguridade).Lembramos: é importante indicar un email.
Ao rematar, abonda con facer clic no botón Guardar y cerrarComo recibir notificacións diarias por Email?
Para configurar as notificacións diarias, unha vez iniciada sesión, no panel da esquerda atoparás "Mis Datos > Información personal" que abrirá a túa información persoal en diferentes lapelas.
Na lapela Comunicación con el centro pódese activar a recepción de notificacións diarias por email. Así como indicar ou non o noso Aniversario na plataforma.
Ao rematar, abonda con facer click no botón "Guardar"
Enviar ou leer unha mensaxe
Enviar unha mensaxe que reciba
Para enviar unha mensaxe, facer click na opción "Mis mensajes > Nuevo correo" do menú lateral esquerdo baixo a foto de perfil.
• Seleccionar o destinatario usando os filtros axeitados nas opcións Para, Cc o Cco.
• Escribir o Asunto e a Mensaxe a enviar
• Adxuntar algún arquivo se se quere• Facer clic en Enviar
Leer unha mensaxe que reciba
Educamos incorpora unha conta de correo Outlook por cada usuario e funciona soportado por Microsoft. Para ler unha mensaxe, facer clic na opción "Mis mensajes > Mi correo" do menú lateral esquerdo baixo a foto de perfil.
• Abrirase unha nova ventá que dará acceso á conta Outlook persoal do usuario. (A primeira vez que se accede hai que configurar o idioma Español, alfabetización internacional; e a zona horaria +1 Bruselas Copenhage Madrid París)
• Visualizaránse as mensaxes recibidos.Aplicación mobil para familias
Educamos dispón dunha aplicación móbil para Familias dende a que se pode xestionar o perfil da plataforma.
¡ATENCIÓN! Existen múltiples apps de Educamos para os distintos perfis de usuarios: Lembra que a aplicación móbil que necesitas é a de Familias, coa etiqueta da esquerda. Non confundir con outras apps existentes orientadas a mestres e persoal.
Para unha información detallada podes descargar a Guia da app de familias.Que URL teño que poñer?
A URL que pide a aplicación é a URL de acceso a Educamos do colexio.
https://mauxiliadora-salesianos-vigo.educamos.com
Onde a descargo?
Dependendo do mobil:
Si é iPhone, dende a App Store Si é Android, dende Google Play Store Como facer o primeiro acceso?
-
Proxecto Chromebooks
Enmarcado no Plan TIC e no plan de Innovación Educativa do centro, no curso 16/17 comezamos o despriegue do proxecto Chromebook co obxectivo último é mellorar as aprendizaxes, os resultados académicos e a motivación cara o proceso de ensinanza-aprendizaxe dos nosos alumnos. O proxecto conleva a incorporación desta ferramenta (un Chromebook ) en combinación cunha conta de Google Apps e recursos dixitais: libros dixitas e o entorno de Aula Planeta. O proxecto comezou coa realización dun Piloto no curso 15-16 en 4º e 5º de Primaria, empregando un aula mobil de 35 dispositos, que avaliamos moi positivamente. E durante o curso 2016-2017 iniciase coa xenrealización dese dispostivo nos cursos de 5º EP e 1º de Secundaria.
Que é un Chromebook?
A continuación un sinxelo vídeo que describe