educamosEducamos é a plataforma de xestión educativa e colexial que empregamos no centro. A través dela as familias e alumnos teñen acceso á información da marcha académica (calificacións, deberes, incidencias), información de secretaría e administración (circulares, recibos), xustificacion de faltas e incidencias, e acceso á unha conta Office 365 do cole. 

Para o primeiro acceso a través dun vídeo explicanse os pasos a dar.

Calquera dúbida ou incidencia que xorda podes contactar directamente a través da Secretaría ou comunicar unha incidencia.

Algunhas das preguntas máis frecuentes.

Quen ten unha conta?

Tódolos alumnos/as a partir de 5º de Primaria (estamos valorando dala en cursos anteriores...), pais, nais ou titores dispoñen dunha conta persoal e intransferible na plataforma Educamos. Os alumnos acceden a través do perfil Alumno que lles da unhas funcionalidades concretas; mentres que pais e titores acceden cun perfil diferente que lles da outros privilexios como son: a consulta de notas dos fillos/as, o seguimento de recibos, mensaxería interna co profesorado, xustificación de ausencias, etc.

Os primeiros datos de acceso á plataforma ás familias danse no colexio, ou ben a través do titor/a ou ben na secretaría do Centro. O acceso á plataforma é persoal e intransferible. Por iso o damos en persoa. Sempre poñemos o exemplo das claves da tarxeta de crédito. Pedímosvos que gardedes o mesmo coidado.  Para os alumnos, os datos de acceso os dan os mestres-titores no centro, xunto coa formación sobre o uso da plataforma.

Para información detallada sobre o uso podes descargar a Guía rápida para familias da plataforma Educamos. A continuación respondemos algunas das preguntas máis habituais...

Como entro a educamos/ que URL teño que poñer?

Pódes acceder a educamos a través do enlace da páxina web do cole, ou directamente no enderezo:

https://mauxiliadora-salesianos-vigo.educamos.com

 

Problemas co contrasinal?

Se esqueces o contrasinal, na páxina de acceso á plataforma, no formulario de inicio de sesión, tes un enlace chamado "Restablecer clave" que permite xerar un novo contrasinal de caracter provisional.

educamos1

Facendo clic sobre o enlace o sistema guiarate polo proceso para rexenerar o contrasinal. Xenerará un contrasinal que recibirás no enderezo de correo electrónico que consta nos teus datos. Por iso é moi importante que no teu perfil de Educamos conste un correo electrónico.

Cada canto tempo cambio o contrasinal ?

Como medida de seguridade, a plataforma obriga a renovar o contrasinal unha vez ao ano.

Que tipo de contrasinal poño?

O que queiras, sempre e cando cumpra coas seguintes normas: mínimo 8 caracteres, e tres dos seguintes criterios: maiúsculas, minúsculas, números e símbolos. O contrasinal non pode coincidir co nome de usuario

Que fago cando se me bloquea a conta?

A conta pódese bloquear por 3 motivos:

  1. Rexeneraches as claves e non iniciaches sesión nun plazo de 3 días.
  2. Non tiñas definida unha pregunta e resposta de seguridade
  3. No tiñas indicado ningún email persoal na túa conta

Podes probar a rexenerar as claves de acceso (explicado antes) ou pasarte pola Secretaría do Colexio e alí o solucionamos.

Como podo editar o meu perfil?

Para editar o teu perfil, una vez iniciaches sesión, no panel de escritorio tes que facer click no botón Mis Datos.

educamos5

A continuación abrirase unha páxina con dúas lapelas: "Datos personales" e "Comunicación co centro"
Na lapela "Datos personales" pódense ver e editar os datos personais, así como os datos de contacto, dirección, foto de perfil e datos de acceso á plataforma (usuario, contrasinal e pregunta de seguridade).
edcuamos6Lembramos: é importante indicar un email.


Ao rematar, abonda con facer clic no botón Guardar y cerrar

Como recibir notificacións diarias por Email?

Para configurar as notificacións diarias, unha vez iniciada sesión, no panel da esquerda atoparás "Mis Datos > Información personal" que abrirá a túa información persoal en diferentes lapelas.

edcuamos7

Na lapela Comunicación con el centro pódese activar a recepción de notificacións diarias por email. Así como indicar ou non o noso Aniversario na plataforma.
educamos8Ao rematar, abonda con facer click no botón "Guardar"

 

Enviar ou leer unha mensaxe

Enviar unha mensaxe que reciba

Para enviar unha mensaxe, facer click na opción "Mis mensajes > Nuevo correo" do menú lateral esquerdo baixo a foto de perfil.
• Seleccionar o destinatario usando os filtros axeitados nas opcións Para, Cc o Cco.
• Escribir o Asunto e a Mensaxe a enviar
• Adxuntar algún arquivo se se quere

• Facer clic en Enviar

Leer unha mensaxe que reciba

Educamos incorpora unha conta de correo Outlook por cada usuario e funciona soportado por Microsoft. Para ler unha mensaxe, facer clic na opción "Mis mensajes > Mi correo" do menú lateral esquerdo baixo a foto de perfil.
• Abrirase unha nova ventá que dará acceso á conta Outlook persoal do usuario. (A primeira vez que se accede hai que configurar o idioma Español, alfabetización internacional; e a zona horaria +1 Bruselas Copenhage Madrid París)
• Visualizaránse as mensaxes recibidos.

 

Aplicación mobil para familias

Educamos dispón dunha aplicación móbil para Familias dende a que se pode xestionar o perfil da plataforma. 
¡ATENCIÓN! Existen múltiples apps de Educamos para os distintos perfis de usuarios: Lembra que a aplicación móbil que necesitas é a de Familias, coa etiqueta da esquerda. Non confundir con outras apps existentes orientadas a mestres e persoal.
Para unha información detallada podes descargar a Guia da app de familias.

Que URL teño que poñer?

A URL que pide a aplicación é a URL de acceso a Educamos do colexio.

https://mauxiliadora-salesianos-vigo.educamos.com

Onde a descargo?

Dependendo do mobil:

Si é iPhone, dende a App Store  Si é Android, dende Google Play Store 
 appstore2  googleplay

Como facer o primeiro acceso?

Na páxina de Educamos explica os pasos para o primeiro acceso, e as preguntas frecuentes coas que te podes atopar nese proceso. Pica na imaxe para acceder.

videoeducamos