UN MAGOSTO MOI ESPECIAL, NO COLEXIO E NO PARQUE FORESTAL DE ZAMÁNS

O pasado venres día 4 todo o colexio celebrou a tradicional festa  do magosto!! 

Os nenos e nenas de tres e catro anos tiveron a celebración nas propias instalacións do colexio. Comenzaron a festa baixando ao patio grande onde por equipos fixeron diferentes probas: lanzar a castaña, cazar con matamoscas as castañas, buscando castañas, a castaña polo tubo… Despois subiron ao seu patio e todos xuntos, nun gran círculo, comeron as ricas e asadas castañas. Cando terminaron tiveron outro momento de festa na aula magna para bailar, cantar e continuar disfrutando  do magosto.

O resto de alumnado do colexio, os nenos e nenas de 5 anos, Primaria e os maiores da ESO e Bacharelato, desprazáronse ata o parque forestal de Zamáns para celebrar o magosto. Foron ni máis nin menos que 13 autobuses os que nos levaron ata alí! A pesar deste número, ao cal non lle acompaña moi boa fama, gozamos dun día fabuloso onde tivemos sol, boa temperatura e un fantástico ambiente.
Nada máis chegar, os da ESO e Bacharelato, preparados coa súa cómoda roupa e calzado deportivo, fixeron un roteiro pola contorna chegando á Fervenza da Freixa.

Namentres, Infantil e Primaria quedaban no torreiro da festa onde se levaron a cabo diferentes actividades: xogos con paracaídas, corda, aros, cantigas populares… 

Despois, xa todos xuntos, merendamos e por suposto degustamos as saborosas castañas asadas, tan propias do magosto que celebrabamos 🌰

Deixámosvos a seguinte galería de imaxes deste día, onde poderedes comprobar o ben que o pasamos: