Achegamos información referente aos procedementos de admisión e matrícula nos centros públicos e concertados da comunidade autónoma de Galicia para: Segundo ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos), Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato. No noso caso aféctanos únicamente as etapas de Infantil, Primaria e Secundaria.  Atoparala tamén no portal da xunta https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

NORMATIVA REGULADORA

GARANTÍA DE PERMANENCIA

  • Só se poderá presentar unha única solicitude no centro de primeira opción, no caso de incumprilo, perderase a prioridade.
  • Sen prexuízo desta garantía, os pais, nais ou titores do alumnado poderán presentar unha solicitude de admisión noutro centro educativo, debendo remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro. O alumnado escolarizado nun centro SÓ PERDERÁ O DEREITO DE PERMANENCIA SE RESULTA ADMITIDO NO NOVO CENTRO.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de solicitudes de admisión.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • A solicitude, mediante o impreso (ED550B), que podes descargar aquí (https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550B-G.pdf) ou se o prefires, facilitarase gratuitamente no Centro.
  • DNI ou libro de familia que acredite a idade do alumno.
  • Documento que acredite que o alumno reúne os requisitos académicos para o nivel solicitado.
  • En caso de separación ou divorcio, a resolución xudicial correspondente.

CAL É A MIÑA ZONA ?

  • Podes consultala no apartado de zonas da nosa web ou en escolas.vigo.org seleccionando a zona de Infantil e Primaria ou no seu caso a zona de ESO, e introducindo o teu enderezo ou lugar de traballo.

PUNTUACIÓN COMPLEMENTARIA DO CENTRO

  • O criterio complementario establecido polo noso Centro cunha puntuación de 1 punto, será ter nai, pai, titora ou titor antigo alumno dalgún centro da Congregación Salesiana.

Consulta o Calendario de Admisión.

  

Data do sorteo público a efectos de desempate

Celebrase ordinariamente a última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
  • Este ano, Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2019/2020, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras “E” e “C”"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras “U ” e “ P ”.
  • Podes consultar a resolución aquí

    Publicación de postos escolares vacantes

    Antes do 1 de marzo. No noso centro son:
  • 4º EI: 50
  • 6º EI: 1
  • 2º EP: 1
  • 1º ESO:10
  • Presentación da solicitude de admisión

    O prazo ordinario de presentación de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo. A matrícula pode facerse on line ou en papel, e debe axustarse ao modelo do anexo II da convocatoria. que o proceso de admisión en Bacharelato é propio. Para os alumnos que xa están no centro e queren continuar o vindeiro curso, non é preciso que fagan reserva de praza.

    Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

    Aínda que PREFERIBLEMENTE presentarase xunto coa solicitude, do 1 ao 20 de marzo, pode presentarse ata o 9 de abril.

    Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

    Antes do 25 de abril. O prazo para formular reclamación ante a titularidade do centro é dos cinco hábiles contados a partir do seguinte á súa publicación

    Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

    Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio

    Formalización da matrícula en educación infantil e primaria

    Do 20 de xuño ao 1 de xullo

    Formalización da matrícula en ESO e bacharelato

    do 25 de xuño ao 10 de xullo

    Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato:

    do 1 ao 10 de setembro.